"Proxecto Xacobea" - Vespa 125L - 1964
miércoles, 29 de febrero de 2012
viernes, 10 de febrero de 2012
lunes, 6 de febrero de 2012
miércoles, 7 de julio de 2010
APRILIA PEGASO
Hoxe a cousa non vai de Vespas... Desta volta, a Aprilia Pegaso 650 que nunca me dera problema algún, tivo que parar no taller para cambiar a xunta da culata, operación costosa e complicada ao ter que desmontar o motor e sacalo do chásis, co que implica de desfacer prácticamente a moto...Tendo en conta o tempo que tardarían en facer a operación, decidín aproveitar para pegarlle un lavado de cara, e pintala de branco, co hándicap de traballar sobre plásticos e non sobre metal. O primeiro paso é coma sempre lixala ben, e eliminar a capa brillante superior.
Despois eliminar os rallóns e as lembranzas dalgunha caida (sen consecuencias para o conductor mais si para a máquina) Isto con pasta de carroceiro coma noutras ocasións, e logo algunha hora de lixado para deixala a punto.
O seguinte que fixen foi comprar unha imprimación específca para estes plásticos (ollo, a normal non sirve neste caso, xa que non agarraría) Despois de aplicala a pistola nun sitio sen pó para evitar que se peguen impurezas, de novo unha lixiña á auga (neste caso unha lixa fina, de 1000 é suficiente) e segunda man de imprimación.
Éste é o resultado trala primeira imprimación, agora buscarei unha pintura branca con algo de brillo, ainda que o das cores é algo persoal...de feito á muller non comparte a miña opinión, pero polo momento na moto ainda mando eu!
jueves, 24 de junio de 2010
jueves, 3 de junio de 2010
PASEO CÁNTABRO
O pasado fin de semán estiven en Santander, onde aparte de visitar á familia, puiden dar un paseiño coa Vespa do meu cuñado, unha px200-disco. A verdade é que anda moi ben o bicho este, e en canto ao paseo, inmellorable, os que coñezades eses lares sabedes do que os falo, Liencres, Boo de Piélagos, Santander...Deixo unha foto da Vespa do "cuñao Jezú".
miércoles, 26 de mayo de 2010
PINTURA ANTIGRAVILLA
O paso seguinte é darlle aos baixos e zonas non visibles a pintura antigravilla. Esta pintura crea unha capa mais gorda e rugosa, que ademais de aislar da humidade, amortiguará os pequenos golpes que poida sufrir.
Comprei esta pintura que ven xa preparada en spray para pistola de aire, costou o bote uns 5 €, pero como a pintura é mais densa, e vai como a salpicóns, non lle vale a pistola normal, polo que comprei tamén unha específica que me queda para mais chapuzas (costou 7 €, tampouco foi moito)
Deixo coma sempre unhas fotos das pezas preparads antes de pintalas, e o resultado final. Esta pintura haina de diferentes cores, merquei a gris para igualar ao máximo a imprimación, e evitar así diferencias na cor de pintado final.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















