martes, 30 de marzo de 2010

chasis

Mentres avanzo con outras cousas, xa teño o chasis casi desmontadiño de todo. Moitos dos tornillos que ían aparecendo estaban oxidados e se desfacían case con miralos, polo que tiven que tirar de taladro e brocas de metal (digo brocas en plural, porque partin unhas cantas, hai que ver qué delicadas que son!) Agora comezarei co decapado e lixado.

miércoles, 24 de marzo de 2010

LAVADORA

Para eliminar o óxido e restos de porquerías, existen varios métodos, os mais eficaces, son dous, un deles cunha mezcla de auga e vinagre, e outro mezclando auga e augaforte. A diferencia ben estando no tempo de actuación de cada unha dos métodos (os dous son moi económicos) Mentres que o vinagre tarda mais en actuar, a solución con augaforte (a marca coñecida é Salfumán, por se a algún lle soa) é moito mais rápida. A augaforte pódese adquirir en calquer droguería, e o prezo manda polo euro o litro. Eu merquei Salfumán en Leroy. Mezclei ao 50% con auga, e boteille un chorriño de fairy (serve mistol, ou calquer desengrasante) E alí fun metendo as pezas oxidadas, pernios, tornillos, chapas, etc.
Esquecín de facerlle unha foto aos aros ada roda antes de entrar na "lavadora", estaban cheíños de borralla e óxidos, e así sairon:
Agora toca decapar e todo o proceso que coñecedes dos pasos anteriores...

lunes, 22 de marzo de 2010

cofano esquerdo

Este é o resultado do cófano esquerdo xa montada a tapa:


ANTES:


DESPOIS:

TAPA PORTAOBXECTOS

Ben, agora os amoso o proceso completo coa tapa, este era o seu estado orixinal:



Comezamos co decapado, se vos fixades vedes cómo o produto enrruga a pintura e a levanta, co que cunha espátula, podemos retirala para despois darlle o lixado final coas púas de ferro.



Unha vez lixado, e para eliminar os bollos e pequenosa desperfectos, apliquei masilla a esgalla:



Despois de lixar ben, e de dúas mans de imprimación con lixado entre unha e outra man, éste é o resultado final:

jueves, 18 de marzo de 2010

O ESPECIALISTA

Nada disto que estou facendo sería posible sen a colaboración especial dun técnico da materia. Na foto aparece co rato lixador, explicándome cómo hai que facer...

Antes e despois da fibra

ANTES E DESPOIS...








miércoles, 17 de marzo de 2010

fibra de vidrio

Á espera de resolver o problemiña do post anterior, vou colgar as fotos do proceso de restauración da tapa esquerda coa fibra de vidro. A teoría é sinxela, hai que mezclar un pouco de resina líquida, con outro líquido e revolvelo ben, despois untar ben a peza, e ir colocando capas de fibra, que ven sendo como unha tela. Cada capa, hai que ir traballándoa dándolle a forma que se desexe, e eliminando posibles burbullas de aire que pudieran aparecer entre o metal e a fibra.



As capas a poñer, dependen da dureza que lle queramos dar, tendo en conta que cada capa fará que quede mais duro, pero tamén ancho polo que non convén excederse. O que si fixen foi deixar bastante sobrante, para despois recortalo.


Unha vez seco, recortei cunha rebarbadora os sobrantes, e despois dinlle un bó lixado para darlle a forma final, comprobando cada certo tempo a adecuación á forma do chásis. Despois un pouco de masilla de carroceiro, lixa e listo para imprimar!

problemas coa imprimación...


Hai días nos que as cousas se torcen, e é o quie me está pasando con esta peza. Ao darlle a imprimación, apareceron eses puntiños que vedes nas fotos, pensei que sería por que a tapa estaba sucia, ou salpicada dalgún produto tóxico deses dos que me rodeo agora.
Así que a lixei de novo, á auga, e ao volver a imprimala...de novo os puntiños eses no mesmo sitio...cómo paso de repetir a operación 20 veces, vou preguntar polos foros (vespania, vespeinados, golfos ártabros..) a ver se alguén me pode dar algunha pista.

SOLUCIONADO: Consultei por varios foros, e case todos coincidían en que serían resinas ou restos dalgún produto, mais diverxían nas solucións, mentres un dicían que lixar de novo e limpar ben cun disolvente ou desengrasante, outros me dicían que mellor aplicar masilla e lixar, desta forma, imprimaría sobre a masilla., Pa non dar nen quitar razóns, o que fixen foi lixar, limpar ben cun disolvente, volver limpar cun desengrasante, enmasillar, lixar de novo e dúas mans de imprimación. Non sei quén tería mais razón, pero en conxunto me arranxaron o porblema ;)


martes, 16 de marzo de 2010

FIBRA

Atopei este kit de fibra de vidrio, véndese así, completo, e ven a resina, o endurecedor, e un anaco de fibra



Ao lixar ben e quitar pinturas e porquería, vese que a parte de abaixo da tapa, onde estan os podridos, xa fora "retocada", soldáronlle un anaco de ferro en forma de triángulo, facendo a esquina. Tamén fun saneando todos os picados, ata que quedaron ben limpiños, según lixaba, ían aparecendo buracos por toda a base...se disto saco algo positivo monto un chiringuito de restauración de motos!

TAPA DEREITA

Rematada a tapa dereita, imos coa esquerda.

Neste modelo, a tapa fai de baúl. Nun primeiro vistazo pode parecer moi aceptable, pero cando sauqei a tapiña do cofre, atopei un montón de terra húmida dentro, e baixo dela todo podrido. Para empezar tiven que cortar os restos dos tornillos coa rebarbadora para poder soltala, imaxinade o complexo de meter unha rebarbadora por ese oquiño que vedes para separala do chasis...Unha vez fora comprobei que efectivamente estaba o metal podrido:


Despois de bucear nas webs entendidas, decido que o mellor é solucionalo con fibra de vidrio directamente, tendo en conta ademais que como o traballo vai no interior, se quedan irregularidades, non se apreciarán. O problema será entenderse coa fibra esa...









Ainda que non o dixera, lóxicamente, o primeiro será un bó decapado e lixado. Non imaxinades o que custou quitar eso negro que se ve no interior. Non sei moito diso, pero tendo en conta que viña de vila mariñeira, para min que o enbadurnaron ben de chapapote...

IMPRIMANDO

Postos a pintar volvín a falar con Esteban de Leroy, quen me recomendou unha imprimación universal en spray que da bastante bó resultado (se se fai ben, é dicir sen abusar na cantidade para eviatr pingas e varias mans con lixado á auga entre elas)

A que me recomendou é de marca branca, acrílica e anda polos 11 euros o bote












Este é o resultado, parecía que estaba liso, e agora vese que ainda me falla moito choio coa masilla ata deixala ben de verdade, supoño que os brillos do metal enganáronme. Na segunda foto, despois de pasarlle unha lixa á auga.
Enmasillei prácticamente a peza enteira, e despois lixeina tempo e tempo, buscando darlle a forma orixinal. Cambiei a lixadora pequena por unha vibratoria mais grande, co fin de amortiguar os bollos e defectos. Finalmente, imprimación, lixa fina á auga e segunda imprimación, e aí tedes o resultado final, penso que agora si bastante aceptable.




ENMASILLADO

Esta é a famosa "pasta de carroceiro" é un produto con dous componentes, hai que mixturalos na proporción axeitada (a ollo, por suposto se pon un 3%, pois bótaselle un pouquiño...) Penso que o peor que pode pasar se me excedo co acelerador é que seque mais axiña... Este boteciñó é barato, andivo coido que polos 7 ou 8 euros.


Por certo, antes de seguir, estes produtos poñen esas cousas de moi tóxico, e prexudcial por aspiración ou contacto coa pel. A verdade é que por aspiración non me pasou nada (salvo que había enanitos polo garaxe, non tiven mais síntomas) pero aviso de que o decapante sí que é abrasivo por contacto, polo que recomendo cubrirse ben. No fragor da batalla nin me din conta, notei que me saltaba algunah gota de decapante e non lle din importancia, pero ao rematar o traballo comecei a notar certo ardor na frente, laveime ben, pero non puiden evitar unha pequena queimadura, polo que recomendo andar con ollo con estas cousas.


Eiquí tedes a miña primeira experiencia coa masilla esta, en principio non é complicado, hai que deixar que seque ben, e despis lixar ben cunha lixa fina co fin de deixalo lisiño, eu lixei cun rato Black&Decker que xa tiña.




Na primeira foto vese a masilla recén botada, e na segunda despois do lixado, asín que listo para darlle a imprimación.

TAPA DEREITA




Unha vez desmontada a tapa dereita, e salvo que ten varias abolladuras, a chapa semella sana, polo que vou a Leroy a por un bote de decapante (grazas ao Esteban de Leroy polos bos consellos...) e mans á obra...







O decapante este anda polos 10 € o bote, simplemente hai que aplicalo sobre a peza, e deixar que faga efecto, 5-10 minutos, vese claramente que a pintura comeza a enrugarse, despois se pode rascar xa cunha espátula ou raspeta, e finalmente taladro e unha broca de pelos de arame para deixala limpiña de todo.









A idea é chegar a un resultado coma este, eliminando calquer tipo de pintura ou óxido tanto pola parte exteriro, como pola interior por certo, neste proceso vin que a pintura orixinal debía ser un branco marfil, ou branco roto (que queda mais cool dito así)
Como vedes, ten bastantes bollos e irregularidades, polo que vou a Recambios Balsa (Pol. Tambre), a preguntar por esas masillas ou pastas de carroceiro, a ver se son capaz de facer algo razonable, ou se me rindo e a levo ao amigo Nacho a Talleres Moreno (Pol. Tambre)

desmontando 1.0

Pois nada, como dixen, comezamos a aventura! Comecei coa desmontaxe das tapas ou cófanos laterais, desta forma podería ver o estado real do bicho por dentro, a verdade é que a visión do motor foi un tanto desoladora xa que lle falta o carburador, platinos, plato magnético, ventilador, tapa, filtro de aire, escape....en fin, unha peniña, pero bueno, polo menos o motor non está agarrotado...isto ponse bonito!




Por outra banda, o contakilómetros está k.o. e sen posibilidades de arranxo, polo que haberá que facerse cun novo, ao igual que a óptica dianteira, da que só queda o oco, jeje e isto só é o principio.




lunes, 15 de marzo de 2010

CHEGA A VESPA: COMEZA O PROXECTO




Eiquí tedes a miña Vespa 125-L do ano 1964, roda de 8 ´ tal e como chegou a casa.



É un regalo dun cliente que quería desfacerse deste ferro convencido de que lle facía un favor levándolla, así que raudo e veloz me fixen cun remolque e arranquei para Rianxo antes de que se arrepentise do seu impulso de xenerosidade, e co fin de facerlle un favor ao pobre do home que tiña este cacharro ocupando o seu galpón.

Cheguei a casa, descargueina e a muller me dixo que opinaba que efectivamente lle fixera un favor ao señor sacándolla dalí, e que cada vez estaba mais convencida de que o meu achegábase ao síndrome de Dióxenes...
Pero eu feliz co meu regalo, gastei tempo mirándoa darriba abaixo.














O seu estado era maravillosamente ruín, pero o certo é que penso que partimos dunha boa base, e salvo o asiento e algunha cousiña mais, semella estar bastante completa, así que me poño mans á obra.