miércoles, 7 de julio de 2010

APRILIA PEGASO

Hoxe a cousa non vai de Vespas... Desta volta, a Aprilia Pegaso 650 que nunca me dera problema algún, tivo que parar no taller para cambiar a xunta da culata, operación costosa e complicada ao ter que desmontar o motor e sacalo do chásis, co que implica de desfacer prácticamente a moto...Tendo en conta o tempo que tardarían en facer a operación, decidín aproveitar para pegarlle un lavado de cara, e pintala de branco, co hándicap de traballar sobre plásticos e non sobre metal. O primeiro paso é coma sempre lixala ben, e eliminar a capa brillante superior.

Despois eliminar os rallóns e as lembranzas dalgunha caida (sen consecuencias para o conductor mais si para a máquina) Isto con pasta de carroceiro coma noutras ocasións, e logo algunha hora de lixado para deixala a punto.


O seguinte que fixen foi comprar unha imprimación específca para estes plásticos (ollo, a normal non sirve neste caso, xa que non agarraría) Despois de aplicala a pistola nun sitio sen pó para evitar que se peguen impurezas, de novo unha lixiña á auga (neste caso unha lixa fina, de 1000 é suficiente) e segunda man de imprimación.


Éste é o resultado trala primeira imprimación, agora buscarei unha pintura branca con algo de brillo, ainda que o das cores é algo persoal...de feito á muller non comparte a miña opinión, pero polo momento na moto ainda mando eu!