viernes, 23 de abril de 2010

MOTOR PETROLEADO

O meu veciño Carlos, véndome tan entretido frotando o motor con desengrasante e pinceis, decideu prestarme o seu grupo de presión, coa pistola. Baixo as súas recomendacións, enchimos de gasolina o depósito da pìstola e despois de media horiña dándolle con gasolina a presión, o corpo do motor quedou en bastante bó estado para meterlle man. Ás veces é certo que ter ferramentas (propias ou emprestadas) é moi valioso, grazas ao grupo de presión de Carlos aforrei moitas horas de pincel e cepillo, conseguindo á súa vez un resultado mellor.



Namentres pasa o tempo, vou buscando as pezas que lle faltan ao motor. Non é nada sinxelo atopalas, nin saber de compatibilidades entre uns motores e outros. Por sorte nun foro atopei un manual de despece destas Vespas que indica qué pezas son comúns aos diferentes motores.

Polo momento debo agradecer a colaboración de Xastre, que conta cun blogue xenial(http://www.xastreshouse.blogspot.com/) seguidor desta restauración, quen aparte de aconsellarme e enseñarme algo sobre a mecánica do meu motor, ofreceume algunhas das pezas necesarias, entre elas o carburador, que era unha das cousas mais complicadas de acadar. Agardo que cheguemos a un bó acordo, e poidamos tomarnos esa sidrina á que me convidou en Xixón.

jueves, 22 de abril de 2010

VESPA EN LISBOA

Paseando por Lisboa na Semana Santa vin isto, e non podo evitar compartila con vos.

CHASIS LIXADO!!!

Eiquí estamos de volta. A verdade é que o lixado do chasis levoume mais tempo e traballo do esperado, dahí que non postease nun tempo. Bon, iso, e que tiven que vaiar o xardín para evitar caidas do pequeno, pasar o céspede, e esas cousas que fai un "amo de casa". E entre cousa e cousa, saquei ratos para suar entre taladro, decapante e lixas...Mais ao final, rematei coa operación de lixado do chasis.


Agora tocaría xa traballo de pastear, pero descubrín uns roídos e óxidos que terei que mirar antes de nada. Están nos nervos que fortalecen o chasis por debaixo, penso que se ven na foto de abaixo, sobre todo no primeiro e no último que son os que mais sufren os efectos das salpicaduras das rodas. Penso que non será complicado, bastaría con eliminar eses nervos e soldar unhas barras de aceiro dese mesmo diámetro no seu lugar, pero como ainda nunca tentei a soldadura, buscarei un "profesional" que lle bote un vistazo e me aconselle o mellor.
Xa vos direi.

Consultei polos foros e a verdade é que isto de inetrenet é unha maravilla. Dende o de Golfos Ártabros, "Gally" comenta que o ideal sería cambiar os nervos do piso por uns novos ou refabricados, ou no seu defecto, repara os actuais con soldadura. Dende Vespania, "Lobovigo" me informa de que existen estes reforzos á venda, e incluso os baixos completos, e me deixa o enlace a www.recambiomoto.com onde atopalos, os nervos véndense a 12 € unidade, graciñas aos dous pola, información!