jueves, 24 de junio de 2010
jueves, 3 de junio de 2010
PASEO CÁNTABRO
O pasado fin de semán estiven en Santander, onde aparte de visitar á familia, puiden dar un paseiño coa Vespa do meu cuñado, unha px200-disco. A verdade é que anda moi ben o bicho este, e en canto ao paseo, inmellorable, os que coñezades eses lares sabedes do que os falo, Liencres, Boo de Piélagos, Santander...Deixo unha foto da Vespa do "cuñao Jezú".
miércoles, 26 de mayo de 2010
PINTURA ANTIGRAVILLA
O paso seguinte é darlle aos baixos e zonas non visibles a pintura antigravilla. Esta pintura crea unha capa mais gorda e rugosa, que ademais de aislar da humidade, amortiguará os pequenos golpes que poida sufrir.
Comprei esta pintura que ven xa preparada en spray para pistola de aire, costou o bote uns 5 €, pero como a pintura é mais densa, e vai como a salpicóns, non lle vale a pistola normal, polo que comprei tamén unha específica que me queda para mais chapuzas (costou 7 €, tampouco foi moito)
Deixo coma sempre unhas fotos das pezas preparads antes de pintalas, e o resultado final. Esta pintura haina de diferentes cores, merquei a gris para igualar ao máximo a imprimación, e evitar así diferencias na cor de pintado final.
jueves, 20 de mayo de 2010
PUZZLE COMPLETO
Parece que vou completando o puzle. Por unha banda conseguín un carburador e filtro de aire que veu dende o trasteiro de Xastre en Xixón, é o carburador Del´Orto UA 16 (o que montaba de serie a xacobea)
É de agradecer ver que aínda quede xente como Xastre que non ven un negocio nesto das pezas
É de agradecer ver que aínda quede xente como Xastre que non ven un negocio nesto das pezas
das nosas vellas vespas. O carburador chegoume tal cal o vedes na foto, ben limpiño, así da gusto!
Por outra banda, José de Murcia (que vendía pezas a través do foro de Vespania, e na actualidade está en proceso de creación da súa propia tenda on line: http://recambiovespa.com/) mandoume o escape, a este si que tiven que facerlle un bó lavado de cara, xa qaue viña "chorreando" grasa, pero efectivamente, o mesmo está en moi bó estado e sen picadas.
Xa só quedaba o plato ou volante magnético, os prezos están completamente desorbitados polo que vos comento de que hai moita xente pensando no "negocio", dahí a que non chegara a ningún acordo, e empezara a desesperarme. O pasado domingo, na Ruta Rosaliana o amigo Luis, de Teo que ten unha preciosa Vespa, comentoume dun paisano que tivera un taller e que puidera ser que tivera algún plato, ademais de ser un especialista nas scooters clásicas, e ademais a 300 metros da miña casa! O mesmo martes á volta do traballo parei e efectivamente din co paisano, e alí tiña un precioso plato magnético, co plato de bobinas, e unhas bobinas que en apariencia semellaban estar en bó estado, pero que de todas formas antes de nada levara o motor para ver se daba boa corriente. No taller tiña tres fermosas vespas xa arrgeladiñas e unha lambretta en estado de preparación, e tendo boas referencias del, xa non busco mais, levareille a el o motor a que lle bote un vistazo. Non podo dar mais datos do mecánico, porque como case todos os que mais saben destas máquinas, está xa xubilado...de feito souben cal era o taller porque vin a un tipo entrando por unha porta cun sospeitoso chasis dunha vespa baixo o brazo...
Así que metín todas as pezas do puzzle-motor nun capazo, ao coche, e hoxe pola tarde quedarán no taller...
miércoles, 19 de mayo de 2010
martes, 18 de mayo de 2010
lunes, 10 de mayo de 2010
CHASIS IMPRIMADO
Velaí está o resultado da primeira man de imprimación, e tendo en conta que foi a miña primeira experiencia con estas cousas, pareceume bastante aceptable, estou pensando que incluso me lanzo a pintala completa visto o visto. Agora tocará lixala de novo cunha lixa de auga ben fina para elimnar algunhas impurezas, e darlle unha segunda man. Despois, pintar os baixos cunha pintura antigravilla, pero iso xa é adiantarnos moito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























