jueves, 20 de mayo de 2010

PUZZLE COMPLETO

Parece que vou completando o puzle. Por unha banda conseguín un carburador e filtro de aire que veu dende o trasteiro de Xastre en Xixón, é o carburador Del´Orto UA 16 (o que montaba de serie a xacobea)

É de agradecer ver que aínda quede xente como Xastre que non ven un negocio nesto das pezas
das nosas vellas vespas. O carburador chegoume tal cal o vedes na foto, ben limpiño, así da gusto!


Por outra banda, José de Murcia (que vendía pezas a través do foro de Vespania, e na actualidade está en proceso de creación da súa propia tenda on line: http://recambiovespa.com/) mandoume o escape, a este si que tiven que facerlle un bó lavado de cara, xa qaue viña "chorreando" grasa, pero efectivamente, o mesmo está en moi bó estado e sen picadas.


Xa só quedaba o plato ou volante magnético, os prezos están completamente desorbitados polo que vos comento de que hai moita xente pensando no "negocio", dahí a que non chegara a ningún acordo, e empezara a desesperarme. O pasado domingo, na Ruta Rosaliana o amigo Luis, de Teo que ten unha preciosa Vespa, comentoume dun paisano que tivera un taller e que puidera ser que tivera algún plato, ademais de ser un especialista nas scooters clásicas, e ademais a 300 metros da miña casa! O mesmo martes á volta do traballo parei e efectivamente din co paisano, e alí tiña un precioso plato magnético, co plato de bobinas, e unhas bobinas que en apariencia semellaban estar en bó estado, pero que de todas formas antes de nada levara o motor para ver se daba boa corriente. No taller tiña tres fermosas vespas xa arrgeladiñas e unha lambretta en estado de preparación, e tendo boas referencias del, xa non busco mais, levareille a el o motor a que lle bote un vistazo. Non podo dar mais datos do mecánico, porque como case todos os que mais saben destas máquinas, está xa xubilado...de feito souben cal era o taller porque vin a un tipo entrando por unha porta cun sospeitoso chasis dunha vespa baixo o brazo...
Así que metín todas as pezas do puzzle-motor nun capazo, ao coche, e hoxe pola tarde quedarán no taller...   

No hay comentarios:

Publicar un comentario