viernes, 23 de abril de 2010

MOTOR PETROLEADO

O meu veciño Carlos, véndome tan entretido frotando o motor con desengrasante e pinceis, decideu prestarme o seu grupo de presión, coa pistola. Baixo as súas recomendacións, enchimos de gasolina o depósito da pìstola e despois de media horiña dándolle con gasolina a presión, o corpo do motor quedou en bastante bó estado para meterlle man. Ás veces é certo que ter ferramentas (propias ou emprestadas) é moi valioso, grazas ao grupo de presión de Carlos aforrei moitas horas de pincel e cepillo, conseguindo á súa vez un resultado mellor.



Namentres pasa o tempo, vou buscando as pezas que lle faltan ao motor. Non é nada sinxelo atopalas, nin saber de compatibilidades entre uns motores e outros. Por sorte nun foro atopei un manual de despece destas Vespas que indica qué pezas son comúns aos diferentes motores.

Polo momento debo agradecer a colaboración de Xastre, que conta cun blogue xenial(http://www.xastreshouse.blogspot.com/) seguidor desta restauración, quen aparte de aconsellarme e enseñarme algo sobre a mecánica do meu motor, ofreceume algunhas das pezas necesarias, entre elas o carburador, que era unha das cousas mais complicadas de acadar. Agardo que cheguemos a un bó acordo, e poidamos tomarnos esa sidrina á que me convidou en Xixón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario