Agora tocaría xa traballo de pastear, pero descubrín uns roídos e óxidos que terei que mirar antes de nada. Están nos nervos que fortalecen o chasis por debaixo, penso que se ven na foto de abaixo, sobre todo no primeiro e no último que son os que mais sufren os efectos das salpicaduras das rodas. Penso que non será complicado, bastaría con eliminar eses nervos e soldar unhas barras de aceiro dese mesmo diámetro no seu lugar, pero como ainda nunca tentei a soldadura, buscarei un "profesional" que lle bote un vistazo e me aconselle o mellor.
Consultei polos foros e a verdade é que isto de inetrenet é unha maravilla. Dende o de Golfos Ártabros, "Gally" comenta que o ideal sería cambiar os nervos do piso por uns novos ou refabricados, ou no seu defecto, repara os actuais con soldadura. Dende Vespania, "Lobovigo" me informa de que existen estes reforzos á venda, e incluso os baixos completos, e me deixa o enlace a www.recambiomoto.com onde atopalos, os nervos véndense a 12 € unidade, graciñas aos dous pola, información!
No hay comentarios:
Publicar un comentario