martes, 30 de marzo de 2010

chasis

Mentres avanzo con outras cousas, xa teño o chasis casi desmontadiño de todo. Moitos dos tornillos que ían aparecendo estaban oxidados e se desfacían case con miralos, polo que tiven que tirar de taladro e brocas de metal (digo brocas en plural, porque partin unhas cantas, hai que ver qué delicadas que son!) Agora comezarei co decapado e lixado.

miércoles, 24 de marzo de 2010

LAVADORA

Para eliminar o óxido e restos de porquerías, existen varios métodos, os mais eficaces, son dous, un deles cunha mezcla de auga e vinagre, e outro mezclando auga e augaforte. A diferencia ben estando no tempo de actuación de cada unha dos métodos (os dous son moi económicos) Mentres que o vinagre tarda mais en actuar, a solución con augaforte (a marca coñecida é Salfumán, por se a algún lle soa) é moito mais rápida. A augaforte pódese adquirir en calquer droguería, e o prezo manda polo euro o litro. Eu merquei Salfumán en Leroy. Mezclei ao 50% con auga, e boteille un chorriño de fairy (serve mistol, ou calquer desengrasante) E alí fun metendo as pezas oxidadas, pernios, tornillos, chapas, etc.
Esquecín de facerlle unha foto aos aros ada roda antes de entrar na "lavadora", estaban cheíños de borralla e óxidos, e así sairon:
Agora toca decapar e todo o proceso que coñecedes dos pasos anteriores...

lunes, 22 de marzo de 2010

cofano esquerdo

Este é o resultado do cófano esquerdo xa montada a tapa:


ANTES:


DESPOIS:

TAPA PORTAOBXECTOS

Ben, agora os amoso o proceso completo coa tapa, este era o seu estado orixinal:



Comezamos co decapado, se vos fixades vedes cómo o produto enrruga a pintura e a levanta, co que cunha espátula, podemos retirala para despois darlle o lixado final coas púas de ferro.



Unha vez lixado, e para eliminar os bollos e pequenosa desperfectos, apliquei masilla a esgalla:



Despois de lixar ben, e de dúas mans de imprimación con lixado entre unha e outra man, éste é o resultado final:

jueves, 18 de marzo de 2010

O ESPECIALISTA

Nada disto que estou facendo sería posible sen a colaboración especial dun técnico da materia. Na foto aparece co rato lixador, explicándome cómo hai que facer...

Antes e despois da fibra

ANTES E DESPOIS...








miércoles, 17 de marzo de 2010

fibra de vidrio

Á espera de resolver o problemiña do post anterior, vou colgar as fotos do proceso de restauración da tapa esquerda coa fibra de vidro. A teoría é sinxela, hai que mezclar un pouco de resina líquida, con outro líquido e revolvelo ben, despois untar ben a peza, e ir colocando capas de fibra, que ven sendo como unha tela. Cada capa, hai que ir traballándoa dándolle a forma que se desexe, e eliminando posibles burbullas de aire que pudieran aparecer entre o metal e a fibra.



As capas a poñer, dependen da dureza que lle queramos dar, tendo en conta que cada capa fará que quede mais duro, pero tamén ancho polo que non convén excederse. O que si fixen foi deixar bastante sobrante, para despois recortalo.


Unha vez seco, recortei cunha rebarbadora os sobrantes, e despois dinlle un bó lixado para darlle a forma final, comprobando cada certo tempo a adecuación á forma do chásis. Despois un pouco de masilla de carroceiro, lixa e listo para imprimar!