miércoles, 24 de marzo de 2010

LAVADORA

Para eliminar o óxido e restos de porquerías, existen varios métodos, os mais eficaces, son dous, un deles cunha mezcla de auga e vinagre, e outro mezclando auga e augaforte. A diferencia ben estando no tempo de actuación de cada unha dos métodos (os dous son moi económicos) Mentres que o vinagre tarda mais en actuar, a solución con augaforte (a marca coñecida é Salfumán, por se a algún lle soa) é moito mais rápida. A augaforte pódese adquirir en calquer droguería, e o prezo manda polo euro o litro. Eu merquei Salfumán en Leroy. Mezclei ao 50% con auga, e boteille un chorriño de fairy (serve mistol, ou calquer desengrasante) E alí fun metendo as pezas oxidadas, pernios, tornillos, chapas, etc.
Esquecín de facerlle unha foto aos aros ada roda antes de entrar na "lavadora", estaban cheíños de borralla e óxidos, e así sairon:
Agora toca decapar e todo o proceso que coñecedes dos pasos anteriores...

No hay comentarios:

Publicar un comentario