miércoles, 17 de marzo de 2010

fibra de vidrio

Á espera de resolver o problemiña do post anterior, vou colgar as fotos do proceso de restauración da tapa esquerda coa fibra de vidro. A teoría é sinxela, hai que mezclar un pouco de resina líquida, con outro líquido e revolvelo ben, despois untar ben a peza, e ir colocando capas de fibra, que ven sendo como unha tela. Cada capa, hai que ir traballándoa dándolle a forma que se desexe, e eliminando posibles burbullas de aire que pudieran aparecer entre o metal e a fibra.



As capas a poñer, dependen da dureza que lle queramos dar, tendo en conta que cada capa fará que quede mais duro, pero tamén ancho polo que non convén excederse. O que si fixen foi deixar bastante sobrante, para despois recortalo.


Unha vez seco, recortei cunha rebarbadora os sobrantes, e despois dinlle un bó lixado para darlle a forma final, comprobando cada certo tempo a adecuación á forma do chásis. Despois un pouco de masilla de carroceiro, lixa e listo para imprimar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario