miércoles, 26 de mayo de 2010

PINTURA ANTIGRAVILLA


O paso seguinte é darlle aos baixos e zonas non visibles a pintura antigravilla. Esta pintura crea unha capa mais gorda e rugosa, que ademais de aislar da humidade, amortiguará os pequenos golpes que poida sufrir.
Comprei esta pintura que ven xa preparada en spray para pistola de aire, costou o bote uns 5 €, pero como a pintura é mais densa, e vai como a salpicóns, non lle vale a pistola normal, polo que comprei tamén unha específica que me queda para mais chapuzas (costou 7 €, tampouco foi moito)

 
Deixo coma sempre unhas fotos das pezas preparads antes de pintalas, e o resultado final. Esta pintura haina de diferentes cores, merquei a gris para igualar ao máximo a imprimación, e evitar así diferencias na cor de pintado final.

jueves, 20 de mayo de 2010

PUZZLE COMPLETO

Parece que vou completando o puzle. Por unha banda conseguín un carburador e filtro de aire que veu dende o trasteiro de Xastre en Xixón, é o carburador Del´Orto UA 16 (o que montaba de serie a xacobea)

É de agradecer ver que aínda quede xente como Xastre que non ven un negocio nesto das pezas
das nosas vellas vespas. O carburador chegoume tal cal o vedes na foto, ben limpiño, así da gusto!


Por outra banda, José de Murcia (que vendía pezas a través do foro de Vespania, e na actualidade está en proceso de creación da súa propia tenda on line: http://recambiovespa.com/) mandoume o escape, a este si que tiven que facerlle un bó lavado de cara, xa qaue viña "chorreando" grasa, pero efectivamente, o mesmo está en moi bó estado e sen picadas.


Xa só quedaba o plato ou volante magnético, os prezos están completamente desorbitados polo que vos comento de que hai moita xente pensando no "negocio", dahí a que non chegara a ningún acordo, e empezara a desesperarme. O pasado domingo, na Ruta Rosaliana o amigo Luis, de Teo que ten unha preciosa Vespa, comentoume dun paisano que tivera un taller e que puidera ser que tivera algún plato, ademais de ser un especialista nas scooters clásicas, e ademais a 300 metros da miña casa! O mesmo martes á volta do traballo parei e efectivamente din co paisano, e alí tiña un precioso plato magnético, co plato de bobinas, e unhas bobinas que en apariencia semellaban estar en bó estado, pero que de todas formas antes de nada levara o motor para ver se daba boa corriente. No taller tiña tres fermosas vespas xa arrgeladiñas e unha lambretta en estado de preparación, e tendo boas referencias del, xa non busco mais, levareille a el o motor a que lle bote un vistazo. Non podo dar mais datos do mecánico, porque como case todos os que mais saben destas máquinas, está xa xubilado...de feito souben cal era o taller porque vin a un tipo entrando por unha porta cun sospeitoso chasis dunha vespa baixo o brazo...
Así que metín todas as pezas do puzzle-motor nun capazo, ao coche, e hoxe pola tarde quedarán no taller...   

miércoles, 19 de mayo de 2010

martes, 18 de mayo de 2010

lunes, 10 de mayo de 2010

CHASIS IMPRIMADO

Velaí está o resultado da primeira man de imprimación, e tendo en conta que foi a miña primeira experiencia con estas cousas, pareceume bastante aceptable, estou pensando que incluso me lanzo a pintala completa visto o visto. Agora tocará lixala de novo cunha lixa de auga ben fina para elimnar algunhas impurezas, e darlle unha segunda man. Despois, pintar os baixos cunha pintura antigravilla, pero iso xa é adiantarnos moito.

PREPARADO PARA IMPRIMAR


Eiquí vemos o corpo da Vespa xa lixado, pasetado e preparado para imprimar.

Para imprimar utilicei unha pistola e un grupo de presión cedido polo meu irmán Julio, quen tamén me deu un cursiño previo de aprendizaxe. Seguindo os consellos dos foros e blogues, acudin a unha tenda especializada en pinturas, en vez de ir ao "meu" Leroy. Alí me deron unha imprimación de marca Valentine (7€ bote de 750cc) e un bote de disolvente Valentine (4,5 €). Hai que disolver a pintura ao 10%. O propio depósito da pistola de pintar, trae medidas, o que facilita a operación. 
Aquí a pistola e o compresor:
Xa por último, unha foto miña xa preparado para imprimar (foto cortesía do meu irmán Julio) Despois tiven que calarme un gorro e unhas gafas...
 
É importante que o lugar onde vaiamos a pintar esté ben limpo, sen pó que se poida levantar coas correntes que provoca a propia pistola e compresor, e sobre todo ben ventilado para evitar que acabemos vendo enanitos de cores xogando pola casa...

lunes, 3 de mayo de 2010

CONCENTRACIÓN CLÁSICAS "TERRAS DE PADRÓN" II PARTE

Estas son outras das Vespas que pudiemos ver, a primeira coa estética mod, é a de FAS, de golfos ártabros, e admin istrador do blogue http://vlculleredo-galego.blogspot.com/