lunes, 10 de mayo de 2010

CHASIS IMPRIMADO

Velaí está o resultado da primeira man de imprimación, e tendo en conta que foi a miña primeira experiencia con estas cousas, pareceume bastante aceptable, estou pensando que incluso me lanzo a pintala completa visto o visto. Agora tocará lixala de novo cunha lixa de auga ben fina para elimnar algunhas impurezas, e darlle unha segunda man. Despois, pintar os baixos cunha pintura antigravilla, pero iso xa é adiantarnos moito.

PREPARADO PARA IMPRIMAR


Eiquí vemos o corpo da Vespa xa lixado, pasetado e preparado para imprimar.

Para imprimar utilicei unha pistola e un grupo de presión cedido polo meu irmán Julio, quen tamén me deu un cursiño previo de aprendizaxe. Seguindo os consellos dos foros e blogues, acudin a unha tenda especializada en pinturas, en vez de ir ao "meu" Leroy. Alí me deron unha imprimación de marca Valentine (7€ bote de 750cc) e un bote de disolvente Valentine (4,5 €). Hai que disolver a pintura ao 10%. O propio depósito da pistola de pintar, trae medidas, o que facilita a operación. 
Aquí a pistola e o compresor:
Xa por último, unha foto miña xa preparado para imprimar (foto cortesía do meu irmán Julio) Despois tiven que calarme un gorro e unhas gafas...
 
É importante que o lugar onde vaiamos a pintar esté ben limpo, sen pó que se poida levantar coas correntes que provoca a propia pistola e compresor, e sobre todo ben ventilado para evitar que acabemos vendo enanitos de cores xogando pola casa...

lunes, 3 de mayo de 2010

CONCENTRACIÓN CLÁSICAS "TERRAS DE PADRÓN" II PARTE

Estas son outras das Vespas que pudiemos ver, a primeira coa estética mod, é a de FAS, de golfos ártabros, e admin istrador do blogue http://vlculleredo-galego.blogspot.com/






CONCENTRACIÓN CLÁSICAS "TERRAS DE PADRÓN" PARTE I

O pasado 1 de maio, celebrouse en Padrón a IV Ruta Internacional de motos Antigas Terras de Padrón", organizada polo clube de motos antigas "Terras de Padrón" Alí fun coa Butanita (a miña Bultaco), xa que a Xacobea ainda non está en condicións, como sabedes...Fixo bó día, o que axudoui a que nos xuntaramos perto de 200 motos, entre elas viñeron algúns "golfos ártabros" do Norte, cos que puiden compartir unhas palabras. Tampocuo faltaron os "vespeinados" de Vigo.

Nesta primeira rolda de imaxes, vou colgar algunhas das Vespas que se puideron ver na mesma:

Esta era a mais antiga, unha Vespa de faro baixo perfectamente restaurada:


Esta é como a miña! Unha 125 L verde e asento dobre:

Unha 125L en azul marino e asento corrido

Unha "L" Branca

Outra "L", nesta ocasión azul metalizado. Curioso este asento con flecos...

viernes, 23 de abril de 2010

MOTOR PETROLEADO

O meu veciño Carlos, véndome tan entretido frotando o motor con desengrasante e pinceis, decideu prestarme o seu grupo de presión, coa pistola. Baixo as súas recomendacións, enchimos de gasolina o depósito da pìstola e despois de media horiña dándolle con gasolina a presión, o corpo do motor quedou en bastante bó estado para meterlle man. Ás veces é certo que ter ferramentas (propias ou emprestadas) é moi valioso, grazas ao grupo de presión de Carlos aforrei moitas horas de pincel e cepillo, conseguindo á súa vez un resultado mellor.



Namentres pasa o tempo, vou buscando as pezas que lle faltan ao motor. Non é nada sinxelo atopalas, nin saber de compatibilidades entre uns motores e outros. Por sorte nun foro atopei un manual de despece destas Vespas que indica qué pezas son comúns aos diferentes motores.

Polo momento debo agradecer a colaboración de Xastre, que conta cun blogue xenial(http://www.xastreshouse.blogspot.com/) seguidor desta restauración, quen aparte de aconsellarme e enseñarme algo sobre a mecánica do meu motor, ofreceume algunhas das pezas necesarias, entre elas o carburador, que era unha das cousas mais complicadas de acadar. Agardo que cheguemos a un bó acordo, e poidamos tomarnos esa sidrina á que me convidou en Xixón.

jueves, 22 de abril de 2010

VESPA EN LISBOA

Paseando por Lisboa na Semana Santa vin isto, e non podo evitar compartila con vos.

CHASIS LIXADO!!!

Eiquí estamos de volta. A verdade é que o lixado do chasis levoume mais tempo e traballo do esperado, dahí que non postease nun tempo. Bon, iso, e que tiven que vaiar o xardín para evitar caidas do pequeno, pasar o céspede, e esas cousas que fai un "amo de casa". E entre cousa e cousa, saquei ratos para suar entre taladro, decapante e lixas...Mais ao final, rematei coa operación de lixado do chasis.


Agora tocaría xa traballo de pastear, pero descubrín uns roídos e óxidos que terei que mirar antes de nada. Están nos nervos que fortalecen o chasis por debaixo, penso que se ven na foto de abaixo, sobre todo no primeiro e no último que son os que mais sufren os efectos das salpicaduras das rodas. Penso que non será complicado, bastaría con eliminar eses nervos e soldar unhas barras de aceiro dese mesmo diámetro no seu lugar, pero como ainda nunca tentei a soldadura, buscarei un "profesional" que lle bote un vistazo e me aconselle o mellor.
Xa vos direi.

Consultei polos foros e a verdade é que isto de inetrenet é unha maravilla. Dende o de Golfos Ártabros, "Gally" comenta que o ideal sería cambiar os nervos do piso por uns novos ou refabricados, ou no seu defecto, repara os actuais con soldadura. Dende Vespania, "Lobovigo" me informa de que existen estes reforzos á venda, e incluso os baixos completos, e me deixa o enlace a www.recambiomoto.com onde atopalos, os nervos véndense a 12 € unidade, graciñas aos dous pola, información!