lunes, 15 de marzo de 2010

CHEGA A VESPA: COMEZA O PROXECTO




Eiquí tedes a miña Vespa 125-L do ano 1964, roda de 8 ´ tal e como chegou a casa.



É un regalo dun cliente que quería desfacerse deste ferro convencido de que lle facía un favor levándolla, así que raudo e veloz me fixen cun remolque e arranquei para Rianxo antes de que se arrepentise do seu impulso de xenerosidade, e co fin de facerlle un favor ao pobre do home que tiña este cacharro ocupando o seu galpón.

Cheguei a casa, descargueina e a muller me dixo que opinaba que efectivamente lle fixera un favor ao señor sacándolla dalí, e que cada vez estaba mais convencida de que o meu achegábase ao síndrome de Dióxenes...
Pero eu feliz co meu regalo, gastei tempo mirándoa darriba abaixo.














O seu estado era maravillosamente ruín, pero o certo é que penso que partimos dunha boa base, e salvo o asiento e algunha cousiña mais, semella estar bastante completa, así que me poño mans á obra.








No hay comentarios:

Publicar un comentario