martes, 16 de marzo de 2010

IMPRIMANDO

Postos a pintar volvín a falar con Esteban de Leroy, quen me recomendou unha imprimación universal en spray que da bastante bó resultado (se se fai ben, é dicir sen abusar na cantidade para eviatr pingas e varias mans con lixado á auga entre elas)

A que me recomendou é de marca branca, acrílica e anda polos 11 euros o bote












Este é o resultado, parecía que estaba liso, e agora vese que ainda me falla moito choio coa masilla ata deixala ben de verdade, supoño que os brillos do metal enganáronme. Na segunda foto, despois de pasarlle unha lixa á auga.
Enmasillei prácticamente a peza enteira, e despois lixeina tempo e tempo, buscando darlle a forma orixinal. Cambiei a lixadora pequena por unha vibratoria mais grande, co fin de amortiguar os bollos e defectos. Finalmente, imprimación, lixa fina á auga e segunda imprimación, e aí tedes o resultado final, penso que agora si bastante aceptable.




No hay comentarios:

Publicar un comentario