martes, 16 de marzo de 2010

TAPA DEREITA




Unha vez desmontada a tapa dereita, e salvo que ten varias abolladuras, a chapa semella sana, polo que vou a Leroy a por un bote de decapante (grazas ao Esteban de Leroy polos bos consellos...) e mans á obra...







O decapante este anda polos 10 € o bote, simplemente hai que aplicalo sobre a peza, e deixar que faga efecto, 5-10 minutos, vese claramente que a pintura comeza a enrugarse, despois se pode rascar xa cunha espátula ou raspeta, e finalmente taladro e unha broca de pelos de arame para deixala limpiña de todo.









A idea é chegar a un resultado coma este, eliminando calquer tipo de pintura ou óxido tanto pola parte exteriro, como pola interior por certo, neste proceso vin que a pintura orixinal debía ser un branco marfil, ou branco roto (que queda mais cool dito así)
Como vedes, ten bastantes bollos e irregularidades, polo que vou a Recambios Balsa (Pol. Tambre), a preguntar por esas masillas ou pastas de carroceiro, a ver se son capaz de facer algo razonable, ou se me rindo e a levo ao amigo Nacho a Talleres Moreno (Pol. Tambre)

No hay comentarios:

Publicar un comentario