martes, 16 de marzo de 2010

ENMASILLADO

Esta é a famosa "pasta de carroceiro" é un produto con dous componentes, hai que mixturalos na proporción axeitada (a ollo, por suposto se pon un 3%, pois bótaselle un pouquiño...) Penso que o peor que pode pasar se me excedo co acelerador é que seque mais axiña... Este boteciñó é barato, andivo coido que polos 7 ou 8 euros.


Por certo, antes de seguir, estes produtos poñen esas cousas de moi tóxico, e prexudcial por aspiración ou contacto coa pel. A verdade é que por aspiración non me pasou nada (salvo que había enanitos polo garaxe, non tiven mais síntomas) pero aviso de que o decapante sí que é abrasivo por contacto, polo que recomendo cubrirse ben. No fragor da batalla nin me din conta, notei que me saltaba algunah gota de decapante e non lle din importancia, pero ao rematar o traballo comecei a notar certo ardor na frente, laveime ben, pero non puiden evitar unha pequena queimadura, polo que recomendo andar con ollo con estas cousas.


Eiquí tedes a miña primeira experiencia coa masilla esta, en principio non é complicado, hai que deixar que seque ben, e despis lixar ben cunha lixa fina co fin de deixalo lisiño, eu lixei cun rato Black&Decker que xa tiña.




Na primeira foto vese a masilla recén botada, e na segunda despois do lixado, asín que listo para darlle a imprimación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario