martes, 16 de marzo de 2010

TAPA DEREITA

Rematada a tapa dereita, imos coa esquerda.

Neste modelo, a tapa fai de baúl. Nun primeiro vistazo pode parecer moi aceptable, pero cando sauqei a tapiña do cofre, atopei un montón de terra húmida dentro, e baixo dela todo podrido. Para empezar tiven que cortar os restos dos tornillos coa rebarbadora para poder soltala, imaxinade o complexo de meter unha rebarbadora por ese oquiño que vedes para separala do chasis...Unha vez fora comprobei que efectivamente estaba o metal podrido:


Despois de bucear nas webs entendidas, decido que o mellor é solucionalo con fibra de vidrio directamente, tendo en conta ademais que como o traballo vai no interior, se quedan irregularidades, non se apreciarán. O problema será entenderse coa fibra esa...









Ainda que non o dixera, lóxicamente, o primeiro será un bó decapado e lixado. Non imaxinades o que custou quitar eso negro que se ve no interior. Non sei moito diso, pero tendo en conta que viña de vila mariñeira, para min que o enbadurnaron ben de chapapote...

No hay comentarios:

Publicar un comentario